Viratec visita Sogama para coñecer a aplicación de medidas de innovación ambiental na xestión de residuos urbanos

Máis dunha vintena de integrantes do Clúster percorreu as instalacións do Complexo Ambiental en Cerceda tras participar nun coloquio co presidente executivo da empresa pública, Javier Domínguez, que explicou o salto tecnolóxico experimentado polos procesos industriais durante os últimos anos.