Viratec organiza xunto co Club de Excelencia en Sostenibilidad e a Xunta de Galicia a xornada “Solucións ambientais para entidades locais”, que terá lugar en Santiago de Compostela o próximo 14 de novembro.

O evento contará coa participación de entidades públicas, empresas e startups para potenciar o coñecemento das entidades locais en solucións ambientais, dando a coñecer as iniciativas públicas que se están implementando e as máis avanzadas solucións nas temáticas de augas, residuos, comunicacións, mobilidade, enerxía, edificacións e intelixencia artificial.

O evento está dirixido a entidades asociadas a Viratec e profesionais de medio ambiente de concellos galegos. A inscrición pode realizarse a través do seguinte formulario.

 

PROGRAMA

Martes 14 de novembro

Sala de eventos do Edificio Fontán da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)

9.45 h.- Recepción de asistentes

10.00 h.- Inauguración da xornada

10.20 h.- Tecnoloxías ambientais para entidades locais

11.20 h.- Coffee break

11.50 h.- Tecnoloxías ambientais para entidades locais

12.50 h.- Boas prácticas en concellos galegos

13.45 h.- Clausura