O Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) contou con Viratec para presentar no Círculo de Empresarios de Galicia as conferencias en materia de sostibilidade co futuro das cidades como pano de fondo.

A xerente do Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular, Ana Botas Cal, foi a encargada de presentar a sesión da tarde do 21 de setembro, na que o simposio contou con profesionais de entidades como Ingesan, Prezero, Aqualia, Moheda Group, a Autoridade Portuaria de Vigo ou Sogama, algunhas delas socias de Viratec, para compartir a súa experiencia na xestión da auga, as solucións en economía circular para as cidades ou a integración de portos azuis e cidades verdes.

Ademais dun relatorio sobre a contribución de Waste-to-Energy á redución do impacto da actual crise enerxética, impartida polo presidente executivo de Sogama, Javier Domínguez Lino, durante a xornada abordáronse tamén os principais detalles dos contratos de servizos das administracións públicas en materia de transición ecolóxica.

Entre os relatores das sesións que tiveron lugar ao longo da xornada, Botas introduciu ademais a profesionais como Gemma Leguinagoicoa e Jesús Andrés Castellot, de Ingesan Grupo Ohla; Manuel Andrés Docampo, de Prezero; José Ramón Vázquez, de Aqualia; Francisco e Jesús Daza, de Moheda Group; e Carlos Botana, da Autoridade Portuaria de Vigo.