O Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular organiza unha visita para os seus socios ás instalacións do Centro de Innovación en Tecnoloxías da Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña.

Na xornada, que terá lugar o 3 de febreiro, coñecerase a actividade que desenvolve este centro referencial na enxeñaría civil a nivel de investigación e transferencia tecnolóxica, cunha clara preocupación transversal polas temáticas relacionadas co medio ambiente e a economía circular. Dende os seus  laboratorios de ensaios colabora coa práctica totalidade dos grandes operadores nacionais en construción e enxeñaría civil, así como as súas auxiliares e subcontratadas.

A visita está limitada a un máximo de 25 persoas. As prazas dispoñibles asignaranse por orde de inscrición, que xa pode formalizarse cumprimentando o seguinte formulario: https://forms.gle/KE4r71tMZYSG4r8o7

AXENDA:

9:50     Recepción e acreditación

10:00   Benvida institucional

10:15   Presentación do Centro de Innovación en Tecnoloxías da Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC)

10:30   Como instrumentar a colaboración coa UDC? A Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI)

10:45   Visita guiada ao CITEEC

12:30   Hora estimada de finalización da visita

12:30 – 13:30  Café networking

13:30   Finalización da xornada

Localización do CITEEC: (Campus de Elviña – A Coruña)