Craves sustentabilidade empresarial

O Clúster Galego de Solucións Ambientais organiza en colaboración co Pacto Mundial da ONU España un webinar sobre as “Claves para avanzar en sustentabilidade empresarial e nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible”, que terá lugar o 30 de maio ás 10:00 horas.

A xornada enmárcase no papel decisivo que xoga a sustentabilidade no novo modo de facer negocios, xa que os criterios ASG son cada vez máis importantes para conseguir a eficiencia a nivel operativo e manterse no tempo.

Nesta sesión en liña daranse a coñecer as oportunidades e recursos que o Pacto Mundial da ONU ofrece ás empresas para acompañalas nos seus avances e contribución á Axenda 2030.

Programa:

Ana Botas, xerente de VIRATEC

Marco Zurita, responsable de márketing e desenvolvemento de Pacto Mundial da ONU España

Josefa de León, directora de competitividade estratéxica de Agroamb Prodalt

María García Cabeza, xerente de sostenibilidade en ABANCA

Preguntas e respostas

Xa podes inscribirche aquí.