Unha das principais tendencias para este 2021 apunta á importancia das alianzas estratéxicas e multisectoriais, algo que está na esencia de VIRATEC. Ofrecer mellores solucións, servizos, innovar… pasa por coñecerse, cooperar e crear ecosistemas. O venres 7 de maio VIRATEC organizou un taller especificamente para coñecerse mellor e así aumentar as posibilidades de cooperación en beneficio da economía circular, ademais de para continuar a preparación do Plan Estratéxico de VIRATEC a través de escoita e a participación.

Os socios de VIRATEC reuniranse para escoitar, compartir e avanzar cara a un futuro máis sostible no que Galicia ten moito que achegar. Expuxéronse moitas ideas, proxectos e coñecementos, entre eles, o desexo de “situar a Agrupación industrial como unha canle proactivo de iniciativas da cadea de valor ante as administracións” en palabras de Alberto Sánchez Sánchez de Cetaqua – Water Technology Centre.

Pedro Tasende, de Achega Comunicación tamén compartiu a necesidade de “ter un discurso claro e inclusivo cun enfoque local, rexional, nacional e internacional”. Para Miguel Rodríguez da Universidade de Vigo, un dos obxectivos é “a creación (a medio prazo) dunha economía ambiental e circular Living-Lab, enfocada á detección, avaliación e integración de proxectos de alto impacto”. Almudena Xusto Martínez de FEUGA (Fundación Universidade Empresa Galega) trasladou á súa vez a súa visión de que a “Agrupación industrial servirá para presentar as capacidades e tecnoloxías das empresas galegas en materia ambiental e economía circular”.