Viratec organiza obradoiros 4.0 abertos a empresas do sector agroalimentario, forestal e madeira

Esta iniciativa forma parte das accións que o Clúster puxo en marcha co apoio do programa autonómico Obradoiros do Igape á Dixitalización Industria 4.0 co fin de impulsar no tecido empresarial galego as solucións dixitais innovadoras ao servizo do medio ambiente.

Así, ademais dos talleres exclusivos para asociados, Viratec celebrará obradoiros de dixitalización abertos a empresas do sector agroalimentario e forestal/madeira.

Os participantes coñecerán diversas solucións dixitais innovadoras ao servizo da ecoindustria e os sectores agroalimentario e forestal, optimizando así o binomio tecnoloxía e medio ambiente.

Mediante unha metodoloxía práctica e relatores especializados, levarán a cabo titorías individualizadas, aplicando itinerarios propios de dixitalización e solucións colaborativas.

A localización determinarase en función dos participantes e as sesións serán quincenais, comezando en marzo e finalizando en maio.

Consulta o programa aquí e inscríbeche nesta ligazón.