Xornada Día Mundial do Medio Ambiente

O luns 5 de Xuño Viratec celebra unha xornada conmemorativa do Día Mundial do Medio Ambiente no Parque Natural de Corrubedo. O Centro de Recepción de Visitantes albergará o programa de actividades dirixidas ás entidades asociadas ao clúster.

A xornada poñerá en valor as solucións ambientais e a economía circular como catalizador de solucións aos plásticos, tendo en conta que a contaminación derivada dos mesmos é o asunto que este ano protagoniza a conmemoración do 5 de xuño, unha efeméride que cumpre o seu 50 aniversario.

Programa da Xornada

Inscricións (prazas limitadas)

Despois do cocktail networking terá lugar un roteiro guiado polo Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán dunha hora de duración.