Viratec coñece na súa visita a Coca-Cola os avances da planta en sostibilidade e economía circular

Unha trintena de membros de Viratec desprazáronse á planta coruñesa de Coca-Cola onde coñeceron os avances da embotelladora no ámbito da sostibilidade e a dixitalización, especialmente as melloras ambientais de redución da pegada de carbono.