Luz verde á inscrición de Viratec no Rexistro de Agrupacións Empresariais Innovadoras do Ministerio

Esta incorporación permitirá ao Clúster recibir o apoio financeiro do Programa de Agrupacións Empresariais Innovadoras, abrindo unha nova porta de financiamento na que presentar proxectos en favor da economía circular e as solucións ambientais.
Viratec activa o estudo sobre a capacidade de internacionalización dos seus socios

O Clúster pon en marcha os traballos para obter un mapa de capacidades de empresas, expertos e estado de internacionalización dos seus socios.
Xornada de Viratec sobre transferencia de coñecemento co apoio da GAIN e da Fundación Barrié

Ademais de coñecer o Programa Ignicia que promoven a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Barrié, dous paneis de expertos abordaron a transferencia de coñecemento no tratamento de residuos agrícolas, gandeiros e augas residuais.