Iván José Vicente, de Viaqua, releva ao seu compañeiro Marcos Martín na presidencia de Viratec

O novo presidente é enxeñeiro químico e leva preto de 20 anos no Grupo Agbar, ao que pertence Viaqua. Antes de chegar a Galicia, ocupaba o posto de director xeral na delegación da compañía en Estremadura.
Viratec organiza unha visita dos seus socios ao CITEEC da Universidade da Coruña

Na xornada, prevista para o 3 de febreiro, coñecerase a actividade que desenvolve este centro referencial na enxeñaría civil a nivel de investigación e transferencia tecnolóxica.
Luz verde á inscrición de Viratec no Rexistro de Agrupacións Empresariais Innovadoras do Ministerio

Esta incorporación permitirá ao Clúster recibir o apoio financeiro do Programa de Agrupacións Empresariais Innovadoras, abrindo unha nova porta de financiamento na que presentar proxectos en favor da economía circular e as solucións ambientais.
Viratec celebrará tres obradoiros de dixitalización co apoio do Igape

Para poder participar nesta actividade para os socios é necesario asistir aos tres workshops e todos eles terán lugar antes do 20 de maio.
Os socios de Viratec poden presentar candidaturas para cubrir as vacantes dos Comités de Participación

A actividade destes grupos de traballo é clave para seguir crecendo e facer do Clúster unha asociación de referencia no seu ámbito de actuación.
Viratec activa o estudo sobre a capacidade de internacionalización dos seus socios

O Clúster pon en marcha os traballos para obter un mapa de capacidades de empresas, expertos e estado de internacionalización dos seus socios.
“As empresas deben avanzar cara á sostibilidade desde os procesos de base”

Entrevistamos a Óscar Rodríguez Rodríguez, co-fundador de GL Ecological Solutions, que recentemente entrou a formar parte de Viratec.
Nace o Ciclo de Conversas Viratec

A iniciativa busca favorecer puntos de encontro entre o coñecemento de persoas expertas en materias específicas e a experiencia e solucións desenvoltas polos socios de Viratec, dinamizando a xeración de propostas cara á transición sostible.
Viratec coñece na súa visita a Coca-Cola os avances da planta en sostibilidade e economía circular

Unha trintena de membros de Viratec desprazáronse á planta coruñesa de Coca-Cola onde coñeceron os avances da embotelladora no ámbito da sostibilidade e a dixitalización, especialmente as melloras ambientais de redución da pegada de carbono.
Galicia pode actuar contra o cambio climático cos seus recursos naturais e solucións ambientais

A xornada “Conversas ao redor da COP27” organizada por Viratec en Nordés Club Empresarial evidenciou o potencial de Galicia na loita contra a crisis climática abordada estes días no cumio de Exipto COP27.