TEIMAS, fundada en 2008, é unha compañía especializada en software para a cadea de valor do residuo e o impulso da economía circular. O seu obxectivo é axudar ás empresas no seu avance cara a modelos de negocio máis sostibles mediante as súas solucións dixitais: Teixo e Zero.

Teixo é un software dirixido aos profesionais especializados en xestión de residuos (encargados do traslado, almacenamento e tratamento de residuos perigosos e non perigosos). Esta ferramenta online permítelles reducir sensiblemente o custo e tempo investido na xestión documental, cumprir con todas as súas obrigacións legais, conectarse de forma automatizada coas plataformas das comunidades autónomas e evitar posibles multas.

Por outra banda, Zero é unha plataforma de xestión na nube dirixida a grandes empresas que producen residuos na súa actividade diaria. Con Zero asegúranse cumprir coa normativa vixente e conseguen axilizar a preparación de inspeccións, auditorías e memorias de sostibilidade.

Falamos con Cristina Vázquez, CEO da compañía, sobre o seu recente nomeamento, a evolución da compañía durante os seus 15 anos de traxectoria e o impulso da descarbonización desde a tecnoloxía, entre outros asuntos.

Moitas grazas. Este nomeamento responde ao compromiso de TEIMAS por seguir impulsando o crecemento da compañía, sen perder a esencia que nos caracteriza: o noso firme compromiso para contribuír á protección do medio ambiente a través do desenvolvemento de solucións tecnoloxicamente rendibles que axuden ás empresas para optimizar a xestión de residuos en calquera punto da cadea.

Son unha namorada deste proxecto e alégrame moito que os meus compañeiros confiasen en min para iniciar unha nova etapa. Ábrese un escenario con moitos retos, que acollo coa máxima ilusión, tanto polo proxecto, como polo equipo que me acompaña.

É certo que a presenza de mulleres en postos de alta dirección en España, especialmente en empresas do sector tecnolóxico, segue sendo limitada. Considero que este nomeamento é o resultado de 13 anos de traballo e compromiso cun proxecto apaixonante, nunha empresa que asume a igualdade como un dos eixos prioritarios da súa cultura.

Animo a outras mulleres para perseguir as súas metas profesionais en calquera ámbito e a explorar as oportunidades do sector tecnolóxico. Trátase sen dúbida dun sector de enorme potencial, non só a nivel laboral, capaz de combater o impacto do cambio climático.

Cando empezamos, hai 15 anos, atopámonos un sector moi opaco e pouco dixitalizado. Pero viviu un cambio enorme na última década, profesionalizándose e tecnificándose a pasos de xigante.

Hoxe en día máis de 900 instalacións xestoras de residuos e máis de 20.000 puntos de produción de residuos usan nosas as súas solucións software. Ademais, traballamos con máis de 30 multinacionais para impulsar modelos produtivos máis sostibles.

Sucederon moitas cousas e tivemos que adaptar o noso equipo e os nosos produtos. O único que non cambiou é o noso enfoque: seguimos centrados en axudar ás empresas para avanzar cara a modelos de negocio máis sostibles, desvinculando o crecemento económico do consumo de recursos e reducindo o impacto ambiental das actividades industriais.

En relación á evolución do sector, camiñamos cara a unha xestión máis sostible e eficiente onde a trazabilidade e o cumprimento normativo pasaron a ser unha prioridade. O impulso europeo e o crecemento da lexislación tiveron moito que ver. Pero tamén a propia profesionalización do sector, con novas tecnoloxías e tratamentos para unha mellor clasificación e recuperación, así como a toma de conciencia de moitas corporacións que comprenden que o residuo é un factor clave na súa estratexia de sostibilidade.

A economía circular é fundamental para abordar os retos globais en sostibilidade, xa que busca reducir a xeración de residuos e maximizar o uso de recursos. Os produtos de TEIMAS alíñanse coa Estratexia Española de Economía Circular, España Circular 2030, que promove un modelo de produción e consumo sostible, en consonancia coa Axenda 2030 e o Pacto Verde Europeo.

Reintegrar o residuo na cadea produtiva permite ás empresas cumprir coas normativas e avanzar nos seus plans de descarbonización. Doutra banda, a dixitalización é vital para o control, a trazabilidade e a optimización de recursos. E, máis aló das esixencias regulatorias, as grandes corporacións coas que colaboramos tamén consideran importante apostar pola sostibilidade para crear reputación de marca e valor de negocio. Reintegrar o residuo na cadea produtiva permite, ademais, reducir custos. Neste sentido, os xestores de residuos teñen un papel fundamental para poder pechar o círculo.

Traballamos con diversos sectores dentro do que chamamos a “cadea de valor do residuo”. Por unha banda, traballamos con xestores, axentes e negociantes de residuos e doutra banda con grandes empresas que xeran un gran volume de residuos como resultado da súa actividade. Destaca especialmente o sector enerxético, o petroleiro, telecomunicacións, alimentación e construción.

Como exemplo de casos de éxito gustaríame mencionar a dúas empresas: a primeira, unha prestixiosa compañía especializada no deseño integral e na xestión de solucións técnicas para o sector residencial, hoteleiro e retail: Porcelanosa. Co noso software Zero dixitalizou a xestión dos seus residuos no marco da súa política de control e redución de residuos nas liñas de produción.

A segundo é American Tower, líder en infraestrutura pasiva para telecomunicacións móbiles. Coa axuda de Zero, logrou reducir o seu impacto ambiental, garantir a trazabilidade dos seus datos de residuos e mellorar a presentación de evidencias durante as auditorías ambientais.

A tecnoloxía é fundamental para abordar o reto da descarbonización e a transición ecolóxica. Mellora os fluxos de información entre empresas e subcontratas, aumenta a produtividade ao eliminar tarefas manuais mediante automatización, e facilita a medición, a toma de datos e a visualización gráfica da información. Desta maneira, achega control, mellora do cumprimento normativo e favorece a toma de decisións estratéxicas en sostibilidade.

Traballamos con empresas que xa contan cunha mentalidade e cultura empresarial orientada cara á sostibilidade e a economía circular, polo que os principais retos que adoitamos atopar inclúen a adaptación de procesos internos, así como a capacitación de todas as persoas involucradas no mesmo, desde provedores a colaboradores externos.

Ademais, axudar ás compañías para cumprir coas normativas ambientais e a súa adaptación ás cambiantes regulacións en materia de residuos pode supoñer un desafío adicional. Especialmente porque traballamos con empresas moi pequenas e moi locais, e tamén con empresas globais con centros produtivos situados en múltiples países.

Por outra banda, xestionar eficazmente os datos de fluxos de residuos pode resultar complexo, principalmente cando se buscan solucións integradas e sostibles en todos os niveis da cadea produtiva.

Formar parte do clúster Viratec permítenos acceder a unha contorna colaborativa onde podemos compartir experiencias e boas prácticas no ámbito ambiental e de economía circular con outros profesionais.

Estamos interesados en participar en proxectos que acheguen coñecemento e que fomenten a economía circular, a dixitalización e a redución de residuos nas organizacións, tanto no ámbito nacional como no internacional.