Referente no desenvolvemento e implantación de tecnoloxías, procesos e solucións ambientais a nivel local, nacional e internacional.

Misión

Incrementar a capacidade tecnolóxica, de innovación e a competitividade das empresas galegas que achegan solucións ambientais.

Fomentamos un ecosistema de cooperación pública-privada e entre empresas, xerando sinerxías entre distintas áreas de coñecemento, promovendo a I+D+i, mellorando a formación e creando oportunidades de internacionalización.

Áreas estratéxicas

  1. Fomento da cooperación entre as empresas do sector.
  2. Promoción da excelencia na capacidade tecnolóxica (I+D+i).
  3. Implicación nos desafíos medio ambientais locais e globais.
  4. Sensibilización e divulgación dunha cultura de medio ambiente.
  5. Contribución al desarrollo sostenible de Galicia.
  6. Tecnoloxías limpas e eficientes.
  7. Alianzas estratéxicas.
  8. Contribución ODS.
  9. Identificación de oportunidades de internacionalización para as empresas do sector.

Novas

Asóciate!

VIRATEC avanza na implementación do seu plan estratéxico 2022-2024 co apoio do IGAPE e a liña de axudas a clústeres emerxentes

O documento estratéxico foi elaborado ao abeiro da axuda ás agrupacións empresariais innovadoras emerxentes (clústeres emerxentes) na comunidade autónoma de Galicia, expediente IG193.2021.1

O Cluster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular, VIRATEC, traballou no deseño e implementación do seu plan estratéxico 2022-2024 con seis piares e diferentes liñas de acción. Un deses eixos é a creación dunha estratexia de comunicación que facilite o coñecemento da entidade entre os seus grupos de interese, tanto a nivel interno como externo. A divulgación do desempeño do colectivo resulta estratéxico na percepción do papel de empresas, centros tecnolóxicos, universidades, entidades de investigación, etcétera, por parte da sociedade e do tecido produtivo. Este proxecto contempla accións de dinamización e sensibilización, facendo partícipe ás entidades que conforman VIRATEC. O desenvolvemento deste proxecto é posible grazas ao respaldo da Xunta de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).