Viratec, Agrupación industrial Galego Solucións Ambientais e Economía Circular, celebra unha nova conversa sobre os residuos da construción

Viratec celebra un novo encontro baixo o ciclo Conversas de 10, que percorre diversas localidades de Galicia para achegarse a todas as entidades socias e ao sector medioambiental de toda a xeografía galega.

Nesta ocasión a actividade, que comeza ás 10:00 da mañá, viaxa ao Parador de Ferrol e abordará o tema dos RCD, os Residuos da Construción e a Demolición, baixo o título da xornada “Xestionando o residuo para unha construción sostible”.

As persoas expertas que compartirán a súa visión e coñecementos son José Rilo, director de RECINOR, Francisco Rivas, experto en RCD en GESTÁN CONTECO, e Alberto Migúens, investigador en construción sostible en CETIM CENTRO TECNOLÓXICO.

Para asistir, tanto na modalidade presencial como en liña, cómpre inscribirse neste enlace. No caso presencial a asistencia está limitada a 25 persoas e a reserva de praza realizarase por orde de inscrición.