O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo concedeu financiamento, a través da convocatoria 2023 do seu programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI), ao proxecto Smart2ReDuCe – Investigación en solucións 4.0 en economía circular para a industria de reciclaxe de RCD mediante visión artificial, fotónica avanzada e impresión 3D, liderado por Viratec e no que participan as entidades asociadas Medrar Smart Solutions, CETIM, ITG, Inova, Himikode, Recinor y Grupo Gestán, xunto co Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia.

Smart2ReDuce ten o obxectivo de investigar novas tecnoloxías de visión artificial e fotónica avanzada para conseguir unha mellor separación en planta dos residuos de construción e demolición (RCD) para poder converter refugallos en novos materiais sostibles para a construción, algo que se valorará cos áridos reciclados mediante investigación en materiais e tecnoloxía de impresión 3D. Ademais, aliñado cos principios da economía circular, o proxecto busca mediante algoritmia avanzada baseada en redes neurais ter unha mellor visión nunha plataforma de datos do impacto ambiental positivo do seu proceso de separación co cálculo de pegada de carbono.

Así, preténdese conseguir unha primeira aproximación, a través da dixitalización, para reducir nun futuro os residuos de RCD e reutilizalos de forma óptima grazas á mellor separación, creando novos materiais coas mesmas características que os fabricados con materias primas virxes. Ademais, a mellor separación serviría para conseguir dar unha nova vida a aqueles produtos que polo xeral acabarían nunha vertedoiro.

O proxecto recibiu financiamento por parte do Ministerio de Industria por valor de 277.870 € para o seu desenvolvemento, que terá lugar ata o próximo mes de abril. Está enmarcado no programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI), que ten como obxecto mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, apoiando as estratexias de innovación e competitividade empresarial desenvolvidas por parte das Agrupacións Empresariais Innovadoras.

O proxecto Smart2ReDuCe recibe financiamento da convocatoria 2023 do programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI) do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.