Novos pasos no camiño cara a unha economía limpa, circular, eficiente energéticamente, baixa en carbono e resistente ao clima. Hai uns días aprobouse o programa LIFE, o único da UE dedicado especificamente á acción ambiental e climática. O Parlamento Europeo destinará un orzamento total de 5.400 millóns de euros a activiades amdbientais e acción climática.

O programa Life contribuirá a facer das accións climáticas un aspecto clave de todas as políticas da UE e a alcanzar o obxectivo xeral de gastar polo menos o 30% do orzamento da UE en obxectivos climáticos.

O eurodeputado de Nils Torvalds dixo que “cando miramos o que LIFE logrou ata o de agora, está claro que un orzamento maior pode axudarnos a lograr aínda máis no futuro. Aínda que eu preferiría un orzamento aínda maior para LIFE, estou moi contento de que alcancemos un novo nivel de compromiso coa natureza e o clima, para que o programa poida seguir probando ideas e mostrando futuras solucións verdes. LIFE agora tamén pode mobilizar fondos adicionais para a acción sobre a natureza, o clima e a enerxía”.