A gobernanza do Clúster é participativa. Grazas á súa xestión a través de comités, Viratec implica a todos os seus socios tanto na toma de decisións como na execución das mesmas.

Innovación, dinamización, retos e alianzas, internacionalización, comunicación e impacto. Os seis piares estratéxicos de Viratec dan nome aos comités de xestión a través dos que o Clúster promove a excelencia na I+D+i, fomenta a cooperación entre as empresas do sector, implícase nos desafíos ambientais propoñendo solucións, detecta oportunidades en mercados estranxeiros, sensibiliza e divulga unha necesaria cultura de medio ambiente e contribúe ao desenvolvemento sostible de Galicia.

A misión de Viratec, centrada en “incrementar a capacidade tecnolóxica, de innovación e a competitividade das empresas galegas que achegan solucións ambientais” guía a estratexia do Clúster no marco da súa visión de “ser referente” nesa achega de solucións, procesos e tecnoloxías fundamentados no coidado, conservación e desenvolvemento sostible. Con todo, resulta esencial o carácter participativo dos comités estratéxicos permanentes para mellorar e potenciar o rendemento do Clúster en aspectos directamente relacionados cos seus piares fundacionais.

As preto de 70 entidades asociadas a Viratec, conscientes diso, reúnense periodicamente para impulsar as accións incluídas en cada un dos piares estratéxicos e contribuír así á concesión dos obxectivos definidos no Plan Estratéxico do Clúster para o período 2022-2024: